Decreto de Declaración de Zonas Saturadas
Original: http://www.dicoruna.es/bop/2005/09/23/11238-0.htm |
|
Reproducción do Decreto de Declaración de Zonas Saturadas, obtido en http://www.dicoruna.es/bop/2005/09/23/11238-0.htm ANUNCIO Pág. 11533 Reg. 11238-0. Rexeitamento de alegación e declaración de zonas saturadas Por Decreto desta Alcaldía de data 7 de
setembro de 2005, resolveuse: PRIMEIRO.- Rexeitar as alegacións presentadas no
período de información pública do expediente de declaración de zona saturada
das RÚAS XELMIREZ, CONGA, SAN PAIO DE ANTEALTARES, VIA SACRA, TROIA,
ENTREMUROS, SANTIAGO DEL ESTERO, RUA NOVA DE ABAIXO, ALFREDO BRAÑAS E
REPUBLICA ARXENTINA, por carecer de fundamento legal, nos termos expresados
nos informes ténicos e xurídicos emitidos. SEGUNDO.- Declarar ZONA SATURADA os sectores da
cidade comprendidos polas rúas seguintes XELMIREZ, CONGA, SAN PAIO DE
ANTEALTARES, VIA SACRA, TROIA, ENTREMUROS, SANTIAGO DEL ESTERO, RUA NOVA DE
ABAIXO, ALFREDO BRAÑAS E REPUBLICA ARXENTINA . TERCEIRO.- Aprobar a delimitación física da zona
obxecto da declaración de zona saturada que figura no plano achegado. CUARTO.- Declarar afectadas e suxeitas á
declaración as seguintes actividades: - Tódalas definidas e contidas no
artigo 42 da Ordenanza municipal xeral reguladora da emisión e recepción de
ruídos, vibracións e condicións dos locais aprobada polo PLENO de data 27 de
novembro de 2003, BOP de 24 de decembro de 2003. - As denominadas "TENDAS DE
CONVENIENCIA " ou "tendas vintecatro horas". - Os
CIBERS ou cibers café. QUINTO.- Efectos da declaración: Queda suspendido o outorgamento de
novas licenzas de apertura ou ampliación de actividades incluídas no apartado
cuarto da resolución, a saber, as definidas no artigo 42 da Ordenanza
reguladora da emision de ruidos, vibracións e condicións dos locais, as
"tendas de conveniencia" e os "cibers" con efectos dende
a publicación no B.O.P. do decreto de declaración de ZONA SATURADA, e nas
indicadas zonas. Con relación ós cambios de titularidade
de licenzas existentes queda suspendida, asemade, a concesión de aqueles no
que o outorgamento esixa a execución das obras descritas no artigo 53.2. da
Ordenanza reguladora da emisión de ruídos, vibracións e condicións dos
locais; as de imposible adaptación á normativa actual e os que supoñan
modificacións sustanciais da actividade. Queda prohibida a permanenza das
terrazas para café autorizadas nas indicadas zonas, por riba da 1:30 horas en
horario de verán e das 00:00 horas no restante. No prazo de tres meses a contar a
partires da publicación desta resolución, os establecementos que deban posuir
sonógrafo segundo a Ordenanza, deberán dispor do mesmo en condicións
axeitadas de funcionamento. SEXTO: A efectos de determinar un réxime
transitorio; as solicitudes de licenza pendentes de resolución, e presentadas
con anterioridade á publicación da declaración, resolveránse segundo proceda
pola súa adecuación á normativa. A declaración revisaráse cada catro
anos. Notifíquese o presente decreto ós
interesados e ós demais negociados, seccións ou servicios correspondentes. Santiago de Compostela, 09 de setembro
de 2005 O Alcalde Asdo: Xosé A. Sánchez Bugallo
Reg. 11238-0 |