Solidariedade das Asociacións de Veciños de Santiago cos afectados pola marea negra do Prestige

 

 

 

ANEXO III

 

As Asociacions de Veciños de Santiago de Compostela, que en páxina adxunta se detallan, ante a catástrofe ocurrida en Galicia causada pola marea negra do Prestige, queremos manifestar publicamente:

 

 

1.- A nosa solidariedade cos afectados directamente pola marea: mariñeiros, pescadores, mariscadoras, xentes do mar e veciños de todo o litoral galego.

 

2.- Agradecer de todo corazón a xenerosidade inmensa dos voluntarios e da xente traballadora, que dende o primeiro momento souberon estar a altura dunhas circunstancias tan dramáticas para Galicia.

 

3.-Asumir na sua totalidade o Manifesto da Plataforma Cidadá Nunca Máis: Dende a dimisión, xa, das autoridades que tan desastrosamente xestionan o accidente, ata as medidas propostas para que, NUNCA MÁIS, un accidente no mar teña tan terribles consecuencias para un pobo.

 

4.- Axudar na medida das nosas posibilidades a xente do mar: Confrarías, Asociacions de Mariscadoras...para o cal renunciamos os cartos seguintes:

 

-Partida da Concellaría de Relacións Veciñais destinada a actividades formativas e de lecer (excursións)

 

-Partida destinada pola Concellaría de Festas ás cacharelas de San Xoán (sardiñadas)

 

5.-Solicitamos do noso Concello que, dado o excepcional do caso, artelle coa Concellaría de Facenda e as dúas citadas, o xeito de achegar eses cartos aos damnificados nun prazo non superior aos noventa días.

 

6.- Poñémonos a disposición dos nosos conveciños afectados para calquera outra cousa que queiran demandar de nós.

 

En Santiago a 11 de Decembro de 2002

 

 

 

 

Concellarías de Facenda, Festas e Relacions Veciñais do Concello de Santiago

 

Número de entrada no Rexistro: 49062, 11 de Decembro 2002

 

RELACION DE ASOCIACIONS VECIÑAIS DE SANTIAGO, QUE ASINAN O COMUNICADO:

 

A.VV. de Viso, Rexistro Municipal de Asociacions nº 194

A.VV. O Castiñeiro, do Castiñeiriño, R.M.A.: 59

A.VV. Monte do Gozo, de San Lázaro, R.M.A.: 8

A.VV. A Xuntanza, de San Pedro, R.M.A.: 116

A.VV. Raigame, do Ensanche, R.M.A.: 123

A.VV. As Cancelas, R.M.A.: 32

A.VV. As Brañas de Andrés,de Pelamios-V. Alegre, R.M.A.: 28

A.VV. Río Sarela-San Lourenzo, de San Lourenzo, R.M.A.: 168

A.VV. Francisco Asorei, da Almáciga, R.M.A.: 178

A.VV. Polígono de Vite, R.M.A.: 239

A.VV. Aqualume, das Galeras, R.M.A.: 16

A.VV. As Fontes, de Fontiñas, R.M.A.: 115

A.VV. Casa Agraria, de Meixonfrío, R.M.A.: 26

A.VV. Pontepedriña, de Pontepedriña, R.M.A.: 143

A.VV. Alvaro Cunqueiro, de Vista Alegre, R.M.A.: 165

A.VV. Alexandre Bóveda, de Guadalupe, R.M.A.: 136

A.VV. Compostela Vella, do casco histórico, R.M.A.:199

A.VV. de Sar, R.M.A.: 44

A.VV. Victoria Míguez de Vidán, R.M.A.: 196

A.VV. Porto de Fornelos do Porto de Conxo, R.M.A.: 337

A.VV. Ponte do Romaño, R.M.A.:306

A.VV. Guadalupe-A Ponderosa, R.M.A.: 334

A.VV. Camiño de Santiago de Bando, R.M.A.: 131

A.VV. Falda do Pedroso das Casas Novas, R.M.A.: 7

A.VV. Santa Marta-Choupana, R.M.A.: 50

 

 

Santiago, 11 de Decembro de 2002