DA
CIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Aprobada por unanimidade na sesión extraordinaria do Pleno da Corporación do Excmo. Concello de Santiago de Compostela o 11 de xaneiro de 2002
A designación de Santiago de Compostela como sede das institucións autonómicas, por Lei do Parlamento de Galicia 1/1982, do 24 de xullo, supuxo un fito que veu a engadir á tradicional dinámica da cidade, determinada, pola súa singularidade monumental, condición de capital espiritual e meta de peregrinos, cidade universitaria, e símbolo de cultura, civilización e progreso, a necesidade de afrontar novos retos, particularmente en relación coa prestación de servicios públicos, así como en orde á implantación de dotacións e equipamentos, directamente determinados pola presencia das institucións autonómicas no termo municipal.
Compre poñer de manifesto a importante acción coordinada que, para a preservación e potenciación do papel que corresponde a esta urbe singular, veñen realizando as diferentes Administracións públicas; acción que se materializa desde o ano 1992 a través do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela.
Partindo, por tanto, da anterior constatación, a presente Lei, pola que se dota á cidade de Santiago de Compostela dun estatuto especial de capitalidade, ten como obxecto, en primeiro lugar, a plasmación normativa expresa, o recoñecemento formal de Compostela como capital da Comunidade Autónoma, co que tal declaración significa no proceso de identificación de Galicia como pobo, completando a nivel normativo as determinacións contidas na Lei 1/1982, da sede das institucións autonómicas.
Este carácter emblemático que lle corresponde á cidade como capital de Galicia reflíctese tamén nos principios rectores da organización e funcionamento do Concello santiagués, reforzando a súa autonomía ao servicio dunha xestión administrativa eficaz, moderna e solidaria, cunha efectiva participación cidadá, e cunha opción decidida polo recoñecemento e aplicación das novas técnicas e tecnoloxías que permita afrontar os retos da sociedade do novo milenio desde a tradición que Compostela representa.
Debe destacarse, igualmente, a creación pola Lei dun órgano colexiado estable de relación entre as Administracións autonómica e municipal, o Consello da Capitalidade, o que se encomenda a adecuada coordinación das políticas respectivas naqueles aspectos que se consideren de interese concorrente das dúas Administracións en relación co feito da capitalidade. A súa composición, así como o sistema de adopción de acordos, fan compatible o exercicio das competencias que a presente Lei atribúe a este órgano co obrigado respecto ao principio de autonomía municipal.
Finalmente, o Estatuto establece unha previsión de financiamento específico nos orzamentos da Comunidade Autónoma, en atención, precisamente, á condición de Capital da Comunidade Autónoma, e sede das súas institucións, circunstancia que, como xa se dixo, implica a necesidade por parte de Santiago de Compostela, de establecer unha serie de servicios para o sostemento dos cales se pretende contribuír esta previsión.
Establécense, xa que logo, os mecanismos axeitados para o tratamento xurídico-administrativo e financeiro deste específico feito, a capitalidade, dotando á cidade de Santiago de Compostela dun estatuto especial como, por outra banda, xa preveu o artigo 89.2 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia.
TÍTULO I.- DA CIDADE DE
SANTIAGO
A
presente Lei ten por obxecto regular o estatuto especial de Santiago de
Compostela como capital de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 89.2
da Lei de Administración Local de Galicia.
1.
Santiago
de Compostela é a capital de Galicia e a sede do Parlamento, da Xunta, do seu
Presidente, e das Consellerías, de conformidade co disposto na Lei 1/1982, de
24 de xullo, pola que se fixa a sede das institucións autonómicas de Galicia.
2.
A
cidade de Santiago de Compostela gozará do réxime xurídico especial establecido
pola presente Lei.
3.
A
Corporación municipal compostelá gozará da preeminencia honorífica e
protocolaria que lle corresponda de acordo coas leis.
4.
Como
distintivo da capitalidade o escudo de Santiago de Compostela está conformado
por dous cuarteis, o dereito coas armas de Galicia, cáliz con Sagrada Hostia
con sete cruces periféricas; e o esquerdo co sepulcro do Apóstolo en mármore
branco, con forma de arqueta sobre nubes, e no alto unha estrela de ouro
radiante; sobre o escudo, a coroa dos Reis Católicos, por detrás, a Cruz Espada
de Santiago.
5.
A
bandeira de Santiago de Compostela é de cor granate e leva bordado, no seu
centro, o escudo.
6.
A
cidade de Santiago de Compostela ostentará os títulos concedidos en atención á
súa historia e tradición, e en concreto os de moi nobre, moi leal e fidelísima
cidade de Santiago de Compostela.
7.
O
escudo e a bandeira de Santiago de Compostela poderán modificarse por acordo do
Pleno da Corporación Municipal, previo informe da comisión de heráldica da
Xunta de Galicia.
O
territorio do municipio está constituído polo seu actual termo municipal.
O
Concello de Santiago de Compostela ten personalidade xurídica e plena
capacidade para o cumprimento dos seus fins e réxese polo disposto na Lei de
Bases de Réxime Local, na presente Lei, na Lei de Administración Local de
Galicia e normas que as desenvolvan.
1.
O
Galego, lingua propia de Galicia, o é tamén do Concello de Santiago de
Compostela.
2.
O
Concello de Santiago de Compostela debe normalizar e potenciar o uso do galego
no ámbito das súas competencias en todos os planos da vida pública, cultural e
informativa.
3.
O
Concello de Santiago de Compostela, dentro do marco constitucional e
estatutario, debe garantir que ninguén sexa discriminado por causa do uso das
linguas galega ou castelá.
O
Goberno Municipal actúa de acordo cos principios de eficacia, xerarquía,
desconcentración e coordinación. Deben ser criterios esenciais da súa
organización diferenciar as funcións deliberantes de ordenación, programación e
control das executivas de goberno e administración e fomentar a participación
cidadá.
1.
O
goberno e administración municipal de Santiago de Compostela correspóndelle ao
Concello, integrado polo Alcalde e os Concelleiros.
2.
Os
órganos de Goberno do Concello de Santiago de Compostela son:
a)
Pleno
Municipal
b)
Alcalde
c)
Os
Tenentes de Alcalde
d)
A
Comisión de Goberno
e)
Os
demais que estableza o Regulamento Orgánico da Corporación de acordo, en todo
caso, coa xerarquía normativa do réxime local.
3.
As
competencias e o funcionamento dos órganos do Concello de Santiago de
Compostela axustaranse ao disposto na normativa de Réxime Local e no
Regulamento Orgánico da Corporación.
1.
De
acordo co que estableza o Regulamento Orgánico da Corporación, o Alcalde poderá
crear áreas funcionais para a xestión daqueles servicios ou competencias que se
estimen convenientes, baixo a dependencia dos órganos municipais que se
establezan.
2.
Ao
fronte de cada área poderá existir un xerente nomeado e separado libremente
polo Alcalde que exercerá as funcións que se lle atribúan no Regulamento
Orgánico.
Para
a efectividade da autonomía garantida constitucionalmente e do réxime de
capitalidade recoñecido na presente Lei, así como para o cumprimento das
finalidades establecidas no art. 2 da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local
e na Carta Europea de Autonomía Local, o municipio de Santiago de Compostela
ostentará as competencias procedentes de acordo coa súa capacidade de xestión.
O
Concello de Santiago de Compostela ten as competencias establecidas pola
presente Lei, polas demais normas e as que lle sexan atribuídas polas demais
administracións.
1.
Os
cidadáns teñen dereito a ser informados das actividades municipais, a acceder
aos arquivos públicos e a utilizar todos os medios de información xeral que o
Concello estableza mediante o uso de calquera das tecnoloxías ao servicio da
comunicación, nos termos e condicións e co alcance que determine a lexislación
xeral sobre a materia, o Regulamento Orgánico e as ordenanzas.
2.
Co
fin de asegurar a máxima participación, a información municipal pode realizarse
das seguintes formas:
a)
Información
pública.
b)
Información
pública individualizada, que debe utilizarse nas actuacións urbanísticas de
singular relevancia e outros supostos que se establezan polo regulamento.
c)
Consulta
directa dos cidadáns, mediante sistemas telefónicos e telemáticos, das bases de
datos, ficheiros e rexistros que o Concello dispoña abrir o acceso público. O
Concello debe regular os efectos das comunicacións enviadas mediante correo
electrónico.
3.
Os
veciños teñen dereito a ser informados dos resultados da xestión municipal. Co
fin de facer efectivo este principio de transparencia, o Concello de Santiago
de Compostela debe definir un conxunto de indicadores de actividade, custos,
eficacia, eficiencia e calidade, e os seus valores deben ser publicados
anualmente. Esta información difúndese polos medios e redes de comunicación
para asegurar o seu coñecemento xeral.
4.
O
Concello de Santiago de Compostela debe prestar o servicio de acceso á
información municipal e cidadá por sistemas telemáticos. Con esta finalidade, o
Concello pode convir con outras administracións, organismos, institucións ou
entidades nacionais ou internacionais, a interconexión das distintas bases de
datos. En calquera caso, debe especificarse qué información é propiamente
municipal e cal é facilitada por outros organismos, persoas ou entidades.
5.
No
tratamento específico da información que se poña a dispor de quen queira
consultala e na determinación dos procedementos e protocolos de acceso, debe
terse en conta a normativa que regula o carácter privado dos datos persoais.
6.
O
Concello de Santiago de Compostela adoptará as medidas pertinentes para que os
procedementos que se inician por solicitude do interesado se tramiten en
soporte informático, así como para que os cidadáns poidan coñecer o estado de
tramitación dos procedementos que lles afecten e o acceso ós documentos e
información que obren en tal soporte por conducto telemático ou informativo. O
anterior entenderase sen prexuízo das limitacións que as leis establecen no
exercicio dos dereitos de acceso ós arquivos e rexistros administrativos.
Artigo 12.- Incorporación
de medios técnicos nas relacións entre o Concello de Santiago de Compostela e
os cidadáns.
1.
O
Concello de Santiago de Compostela impulsará o emprego e aplicación das
técnicas e medios electrónicos e telemáticos, para o desenvolvemento da súa
actividade e exercicio das súas competencias, coas limitacións que a
utilización destes medios establecen a Constitución e as Leis.
2.
Os
cidadáns poderán presentar as solicitudes, escritos e comunicacións dirixidas á
Xunta de Galicia en calquera dos rexistros públicos dos órganos administrativos
do Concello de Santiago de Compostela. Tamén, poderán presentar nos rexistros
dos órganos dependentes da Xunta de Galicia calquera escrito, solicitude ou
comunicación dirixida ó Concello de Santiago de Compostela. As recíprocas
obrigas de ámbalas dúas Administracións para garantir o exercicio dese dereito
dos cidadáns regularase mediante a sinatura do correspondente convenio de
colaboración.
3.
Para
a presentación de solicitudes, comunicacións ou escritos nos rexistros de
órganos dependentes do Concello de Santiago de Compostela, cando vaian
dirixidos á Administración do Estado, estarase ó que resulte dos convenios de
colaboración que, no seu caso, se celebren entre ámbalas Administracións.
4.
O
Concello de Santiago de Compostela poderá celebrar convenios de colaboración
con entidades públicas ou privadas para facilitar a presentación de
solicitudes, comunicacións ou escritos dirixidos ó Concello de Santiago de
Compostela nas oficinas que as devanditas entidades teñan abertas ó público.
En relación cos servicios
públicos de competencia municipal, e de conformidade co que estableza o
correspondente Regulamento da Corporación, o Concello elaborará cartas de
servicios nas que se establezan os dereitos dos cidadáns nas súas relacións coa
Administración municipal, así como as concretas obrigas e responsabilidades que
esta última asuma para garantir aqueles dereitos e mailos axeitados niveis de
calidade na prestación dos correspondentes servicios.
TÍTULO III.- RELACIÓNS INTERADMINISTRATIVAS E O CONSELLO DE CAPITALIDADE
1.
As
relacións de colaboración e cooperación entre o Concello de Santiago de
Compostela e as demais Administracións Públicas rexeranse polo disposto na Lei
de Administración Local de Galicia, na lexislación que regula o procedemento
administrativo e nas demais normas estatais ou autonómicas que resulten
aplicables.
2.
No
que se refire ás relacións entre a Comunidade Autónoma e o Concello de Santiago
de Compostela estarase, ademais, ó establecido no presente título.
O Consello de Capitalidade é o órgano colexiado, de carácter permanente, que ten por obxecto a coordinación entre a Administración autonómica de Galicia e a Corporación municipal da cidade de Santiago de Compostela no que atinxe ás súas respectivas competencias e responsabilidades derivadas do feito de capitalidade.
1.
O
Consello de Capitalidade estará composto polo Presidente da Xunta de Galicia, o
Conselleiro de Presidencia e Administración Pública, o Conselleiro de Xustiza,
Interior e Relacións Laborais, o Conselleiro de Economía e Facenda, o
Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, O Conselleiro de
Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o Conselleiro de Educación e
Ordenación Universitaria, o Alcalde de Santiago de Compostela, os Concelleiros
Delegados das áreas de Presidencia, Casco Histórico, Economía, Cultura e
Urbanismo e concelleiros designados polo Pleno, un por cada grupo municipal non
representado na Comisión de Goberno, sempre que obtivera máis do 10% dos votos.
A Presidencia do Consello correspóndelle ó Presidente da Xunta e a
Vicepresidencia ó Alcalde de Santiago de Compostela. Actuará como Secretario o
Secretario Xeral do Concello de Santiago.
2.
Por
razón dos asuntos que se sometan á consideración do Consello de Capitalidade
poderán incorporarse ás súas sesións como membros non permanentes os
Conselleiros competentes por razón de materia que se trate e os Concelleiros da
área correspondente.
1.
O
Consello de Capitalidade aprobará o seu propio regulamento de funcionamento con
observancia do establecido nesta Lei, aplicándose supletoriamente as normas
sobre funcionamento de órganos colexiados que establece a lexislación sobre
réxime xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo
común.
2.
Os
acordos do Consello adoptaranse por consenso, a través da posición manifestada polos titulares das
Institucións.
3.
O
Consello reunirase, cando menos unha vez por ano e, en todo caso, antes da
aprobación pola Xunta de Galicia do proxecto de Lei de orzamentos da Comunidade
Autónoma.
4.
A
convocatoria do Consello de Capitalidade efectuarase polo Secretario, por orde
do Presidente, que igualmente fixará a orde do día das súas sesións.
5.
Sen
prexuízo do establecido no parágrafo anterior, procederá a convocatoria do
Consello sempre que así se solicite pola representación do Concello de Santiago
de Compostela. Na solicitude expresaranse os asuntos que a motivan, que se incluirán
na orde do día.
1.
Consello
disporá dunha Comisión Executiva, presidida polo Alcalde de Santiago e da que
formarán parte un representante, con rango de Director Xeral ou equivalente,
designado por cada unha das Consellerías de Presidencia e Administración
Pública, Xustiza, Interior e Relacións Laborais, Economía e Facenda, Cultura,
Comunicación Social e Turismo, e Política Territorial, Obras Públicas e
Vivenda; os Concelleiros Delegados das áreas de Presidencia, Casco Histórico,
Economía, Cultura e Urbanismo e Concelleiros designados polo Pleno, un por cada
grupo municipal non representado na Comisión de Goberno, sempre que obtivera
máis do 10% dos votos. Será Secretario da Comisión un Letrado da Asesoría
Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.
2.
Á
Comisión Executiva poderanse incorporar, en razón das materias que se traten
como membros non permanentes, persoas representativas das institucións que
compoñen o Consello designadas polo titular respectivo.
3.
A
Comisión executiva correspóndelle a preparación das sesións do Consello de
Capitalidade, velar pola execución dos seus acordos, exercer cantas funcións
lle sexan atribuídas polo regulamento orgánico así como as que lle delegue o
Consello de Capitalidade. Seralle de aplicación no que lle afecte, o réxime de funcionamento previsto no
Artigo 17.
Ao Consello de Capitalidade correspóndenlle as
seguintes funcións:
1.
A
adopción de acordos en relación coas materias que o Pleno do propio Consello
declare de interese concorrente para a Administración autonómica e o Concello
de Santiago, e que afecten ás funcións que a cidade de Santiago de Compostela
correspondan como capital de Galicia.
2.
O
estudio e valoración dos custos que para a cidade de Santiago de Compostela
supón a súa condición de capital de Galicia e, no seu caso, a fixación dos
instrumentos de compensación precisos.
Para a prestación de servicios que esixan unha actuación conxunta ou coordinada do Concello de Santiago de Compostela e dos Concellos limítrofes poderán constituírse Consorcio na forma e polo procedemento regulado na Lei de Administración Local de Galicia. As iniciativas que, con este fin se adopten, haberán de ser comunicadas ó Consello de Capitalidade.
1.
A
Consellería competente en materia de patrimonio Histórico-Artístico e o
Concello de Santiago de Compostela remitirán ao consello de Capitalidade unha programación
anual das actuacións tendentes á conservación e rehabilitación do patrimonio
histórico e monumental da cidade de Santiago de Compostela.
2.
A
Administración autonómica e o Concello de Santiago establecerán os mecanismos
de colaboración e cooperación necesarios para determinar e financiar as
políticas de recuperación urbana integral do casco histórico de Santiago de
Compostela, así como dos contornos monumentais e espacios naturais de interese
histórico-artístico do Concello, nos que se indiquen os obxectivos a alcanzar e
os recursos comprometidos.
1.
O
Concello de Santiago de Compostela reservará nos Planos Xerais de Ordenación
Municipal, o solo necesario para dar resposta ás necesidades de ubicación de
edificios de Organismos Públicos, ben sexan autonómicos, ben sexan estatais ou
internacionais que desexen ter sedes permanentes en Galicia.
2.
O
Concello de Santiago emitirá informe previo nos casos de deseño de grandes
infraestructuras de comunicación que afecten ao mesmo, de acordo co disposto na
lexislación sectorial.
1.
O
Concello de Santiago de Compostela velará pola seguridade pública nos actos
protocolarios oficiais que se celebren na cidade, en colaboración e
coordinación coas demais forzas de seguridade, nos termos previstos na Lei
Orgánica de Corpos e Forzas de Seguridade.
2.
No
ámbito de aplicación desta Lei e a fin de garantir a seguridade por parte da
Policía Local, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela
asinarán os convenios de colaboración precisos no marco da Xunta Local de
Seguridade, de acordo co disposto na Lei de coordinación de policías locais de
Galicia.
A Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de
Compostela deberán establecer fórmulas de colaboración e cooperación no marco
da Lei de Coordinación de Transportes por Estrada para asegurar a prestación do
transporte público no ámbito da área de Santiago de Compostela.
Artigo 25.- Turismo.
1.
Aos
efectos previstos na Lei de Administración Local de Galicia e na Lei de
Ordenación do Turismo de Galicia, Santiago de Compostela terá a condición de
municipio turístico.
2.
De
acordo co artigo 91.1 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de
Galicia, poderanse establecer convenios entre a Administración Autonómica e o
Concello de Santiago de Compostela para a coordinación e apoio en materia de
salubridade e espacios públicos, protección civil e seguridade cidadá,
información, atención e promoción turística.
Artigo 26.- Relacións
entre o Consello de Capitalidade e o Consorcio da Cidade de Santiago de
Compostela.
O Consello de Capitalidade coordinará as súas
actuacións co Consorcio da cidade de Santiago de Compostela, de conformidade co
disposto nos seus estatutos.
A Condición de capital de Galicia da cidade de Santiago de Compostela terá un apartado específico nos orzamentos da Comunidade Autónoma. A tal fin, antes da elaboración do Proxecto de Lei de Orzamentos, o Consello da Capitalidade poderá emitir o correspondente informe.
A presente Lei entrará en vigor ao día seguinte da
súa publicación no Diario Oficial de Galicia.