Carta ó Concello de Santiago. Asunto: Festas do Apóstolo no barrio

 

 

ILMO. SR. XOSÉ ANTONIO SANCHEZ BUGALLO

ALCALDE DE SANTIAGO

 

Asunto: Festas do Apóstolo no barrio

 

Ilmo. Sr.:

 

 

       Pola presente solicitamos do Concello que V.I. goberna, que as Festas do Apóstolo deste ano 2007, sexan abertas a tódolos barrios , en especial para o Ensanche -un importante núcleo de poboación da cidade-

Para elo, propoñemos as seguintes actividades na nosa zona:

 

 

1.- Actuación da Banda Municipal na Praza Roxa, os domingos, martes e xoves, dende o domingo 15 de xullo ata o domingo 29 inclusive

– Pode ser unha sección, ou a totalidade  da mesma.

- Poden ser concertos e pasacalles (por datas...)

-  Poden alternar horarios: uns días polo mediodía, outros pola tardiña...

 

 

2.-  Percorrido  dun grupo de gaiteiros polas rúas do Ensanche, de xoves a domingo, na quincena das Festas: alternando tamén os horarios: de mañá , de tarde, etc.

 

 

 

3.- Facer o Campionato de chave, na Praza de Vigo. Nos colaboraremos dándolle a máxima difusión, e aportando o que sexa necesario (en persoas ou infraestructura...)

 

 

 

4.- Facer actividades para nenos nesas datas, con regularidade, habilitando espazos na Praza Roxa, Praza da Constitución e outros lugares que fosen necesarios (Centro socio-cultural en Frei Rosendo Salvado ).

    Sería moi orixinal, emocionante, e agradecido por todos, que viñesen a esta zona, os xigantes e cabezudos que saen tan poucas veces, e que tanto lle gustan a xente..

Pódense habilitar os tres sábados: 14, 21 e 28, xunto co 24 de xullo ?

Nese desprazamento, podemos axudar nós ?

 

 

5.-  Artellar algún tipo de concerto ou actuación, diurna,  neses mesmos espazos abertos, de músicos de rúa, afeccionados e cun certo nivel, como Sebas, Antonio Recuero, Tom, etc..

     Actuacións semellantes as nocturnas  do Toural, pero pola tardiña... ( de 7 a 9, por exemplo ) e nas datas que non haxa outras cousas que o impidan: Sería bos os primeiros días da semana: luns, martes, mércores...

 

     Dende esta Asociación, brindámonos a colaborar no que sexa necesario: dende apoio humano, ata publicidade e difusión entre os socios e veciños---

 

 

     Quedamos a súa disposición para falar e profundar nestas e noutras propostas que sirvan para facer unhas Festas plurais e abertas a cidadanía...

 

 

 

En Santiago a 20 de xuño de 2007

Asinado: Xaquín Mato (Presidente)

 

 

Nº Rexistro: 30751