|
Homenaxe Veciñal a Vivencio Freire |
|
Homenaxe Veciñal a Vivencio Freire VIVENCIO Vivencio Freire Dapena naceu en Soutelo, Forcarei Moi novo marchou a Lugo. Nos anos 50 emigrou a Caracas. Alí empezou de pinche
en Luz Eléctrica de Venezuela, a empresa de electricidade máis importante do
país. O igual que tantos
galegos loitadores, foi pasando por todos os
postos, ata chegar a ser supervisor encargado de zona. En 1975 voltou a Galicia,con Sara, a súa dona
- galega de Sarria-, e dous fillos: Tino
e Mari Luz Instaláronse no
Castiñeiriño. E cando no 1977 naceu a
Asociación de Veciños o Castiñeiro. Él xa botou unha mán. Na cidade, en 1980,
puxeron un pequeno comercio. No que hoxe é a rúa
Nova de Abaixo, e que nos oitenta, ía camiño de ser un barrio marxinal. Ata que en 1987,
Vivencio e outros poucos residentes na chamada “Calle Nueva”, fundaron a Asociación Veciñal do mesmo nome - que
en poucos meses pasou a ser, xa, Raigame
- , e puideron deter esa marcha cara á degradación social. Rematando os noventa,
Vivencio xubilouse oficialmente. Pechou o seu negocio, e
dixo que se ía adicar a familia: a
súa dona, os dous fillos, os catro netos… E non foi certo. O Barrio do Castiñeiriño,
a Asociación Veciñal, sábeno ben. En Raigame nomeámolo
SOCIO DE HONRA, co nº 1. e gabámonos de contar coa súa amizade, axuda e
consello. E no Castiñeiro, onde
vive, segue loitando polo que unha persoa, nobre e comprometida como el,
pelexou toda a vida: o ben común, a xustiza, a mellora de vida dos que nos
rodean. Sen agardar nada a cambio. (ou, as veces, algunha
mala cara e verbas que feren…). Non está xubilado do
colectivo veciñal. ´ Está traballando arreo
na directiva do Castiñeiro. Xa sabedes. queda tanto
por facer,¡ aínda! E recórdovos que o ano
pasado foi elixido polas Asociacións Veciñais Urbanas como representante
veciñal ( xunto con Salvador Bará, da Xuntanza) no Consello de Centros
socioculturais, de recente creación. Así que. moitas grazas Sara, Tino, Mari -Luz, por compartir
con nós, cidadáns composteláns, a
esta boa persoa, exemplo e guía para
o colectivo veciñal: Vivencio Freire Dapena |