Expediente ó
Local Vía 13 en Ramón Cabanillas - Carta ó Concello de Santiago
|
|
ILMO. SR. XOSÉ A.
SÁNCHEZ BUGALLO ALCALDE DE SANTIAGO Asunto:
Expediente ó Local Vía 13 en Ramón
Cabanillas ILMO.SR.: Os veciños da Rúa
Ramón Cabanillas denuncian novamente o incumprimento sistemático da Lei, por
parte do Local Vía 13. Malia a estar
expedientado, e apercibido dunha sanción grave de peche, polo Concello que
V.I. preside ( rexistro de sáida 12057), e ordeado o seu peche cautelar (idem. 12053 ), o Local segue a abrir as
portas con regularidade; mesmo nos fins de semán ( xoves. vernes, sábado...).
E unha mágoa que o
principio de autoridade sexa vulnerado tranquilamente por uns poucos hosteleiros,
aproveitandose da tibieza do
Axuntamento a hora de aplicar con enerxía as Ordenanzas Municipales ( ó que
se ve, papel mollado...). Facéndonos eco das
queixas dos veciños, esiximos do Concello que V.I. preside, unha actuación
enérxica, rápida i eficaz, que poña fin a estes comportamentos delictivos. Agardamos resposta en
Santiago, a 27 de Maio de 2005. Aa.Vv.Raigame Nº Rexistro de entrada:
23995 |