Carta ó Concello: Apertura de Local Cafe Le Parisien
|
ILMO. SR. XOSÉ SANCHEZ BUGALLO
ALCALDE DE SANTIAGO
Asunto: Apertura de Local Cafe Le Parisien
Ilmo. Sr.:
Informamos a V.I. que nó nº2 da Rúa Nova de Abaixo
(onde estivo a papelería Carlin) estanse desenrolando a moi bó ritmo as obras
de instalación dun local hosteleiro titulado Café Le Parisien.
Posto que esta Rúa é unha “Zona Saturada” pla abundancia
de Locais deste tipo, pregamos nos informen si a obra conta con
tódolos permisos necesarios que debe otorgar o noso Concello.
Como observarán, nesta Rúa desaparacen,
desgraciadamente, as tendas e comercios tradicionais, instalándose só
negocios hosteleiros, co que elo implica de deterioro veciñal, social,
ambiental...
(Véxase a pretensión de instalar, a dous pasos- nó
nº7-, un Local aberto día e noite)
En Santiago a 27 de Decembro de 2004
Asdo.: Xunta Directiva de Raigame
Nº de Rexistro: 55745 |