Carta ó Concello: Apertura de Local “24 Horas”

 

 

ILMO. SR. XOSÉ SANCHEZ BUGALLO

ALCALDE DE SANTIAGO

 

 

Asunto: Apertura de Local “24 Horas”

 

 

Ilmo. Sr.:

Diríxense a nos diversos veciños da Rúa Nova de Abaixo, preocupados ante a próxima apertura  dun Local de 24 horas (Aberto día e noite) no nº 7 da devandita Rúa.

Ante uns feitos que, de producirse, consideramos gravísimos para a convivencia nesta Rúa

 – Lembrámoslle que é unha “Zona Saturada”, chea de bares, restaurantes, pubs, cafeterías e tamén unha discoteca (Apolo) que  abre de novo por Ano Vello- solicitamos urxentemente que sexa  tomado este escrito como alegación e oposición veciñal  o permiso de Licencia é apertura

( Agardamos a notificación  de Urbanismo, confirmando a petición e legalidade das Obras, que avanzan a un ritmo moi rápido...).

Lembrámoslle  o deterioro ambiental que está a sufrir esta zona, castigada tamén polo incumprimento horario dos bares das Galerías (Nº 10, nº16) pola sucieade,-tanta xente que concurre ós locais- pola falta de  alumeado das farolas- pouca potencia-, pola mestura indiscriminada dos residuos orgánicos con vidrio (case nengún Local hosteleiro respeta o uso de contenedores adecuados)..en fin por ser a última rúa do Ensanche en entrar nós plans de re-urbanización: Permitir que abra un 24 horas sería o detonante que  levaría a  marxinalidade, definitivamente, esta Rúa.

Dados os diversos incidentes que o noso presidente ten por asinar os escritos dunha Asociación que representa a tódolos veciños, pregamos que nas comunicacions do Concello, se faga sempre referencia  a Xunta Directiva de Raigame, ou a Asociación de Veciños Raigame.

En Santiago a 27 de Decembro de 2004

Asdo.: Xunta Directiva de Raigame

 

 

NºRexistro: 55744