|
Tráfico na Rúa Nova de
Abaixo. Carta ó Consello coas
queixas dos veciños da Rúa Santiago del Estero. |
|
ILMO.SR. XOSE ANTONIO SANCHEZ
BUGALLO ALCALDE DE SANTIAGO ASUNTO: Tráfico Rúa Nova de
Abaixo
ILMO.SR.: Damos
traslado por escrito as reiteradas queixas que nos formulan os veciños da Rúa
Santiago del Estero.
Por
mor das obras na Praza Roxa, a saída obrigatoria do tráfico, é pola Rúa Nova
de Abaixo: Xiro obrigado a dereita para colle-la dirección única da Rúa.
E
sempre xorde o mesmo problema: os coches aparcados na isleta dos contenedores
do lixo (fronte a terraza do Iacobus) impiden ese xiro; hai que agardar,
pitar, chamar, reclamar, pois o xiro é imposible, salvo maniobras extranas ou
rozamento dos vehículos....
Todo
isto lle foi comentado de palabra o
Sr. Concellal de Tráfico, que comprobou “in situ” os problemas que en só 20 minutos, se producían...
Polo
tanto, e tal como lle dixemos persoalmente o Sr. Baqueiro, solicitamos que de
xeito inmediato, se coloque UNHA SINAL
VERTICAL DE PROHIBIDO APARCAR EN TODA A ISLETA, ó tempo que haxa
sempre unha patrulla da policía municipal para facer cumpri-la Lei: pódese
aproveita-la que fai a vixilancia das obras da Praza...
Dado o
tempo transcurrido, agardamos a máxima dilixencia para poñer fin a este
estado de cousas.
En Santiago a 3 de Decembro de 2003
Asdo.: Xaquín Mato
(Presidente)
Nº Entrada Rexistro: 51151
|