MALOS MODOS.

Carta de Raigame, comunicando ó Alcalde a preocupación que nos produce o comportamento de funcionarios municipales na sua relación cos veciños.

 

Para:

ILMO.SR. XOSE ANTONIO SANCHEZ BUGALLO

ALCALDE DE SANTIAGO

 

 

ASUNTO: Malos modos

 

ILMO.SR.:

 

Queremos poñer no seu coñecemento a preocupación  que, nesta Asociación, produce o comportamento  de funcionarios municipales (neste caso Policía Local) na sua relación cos veciños.

 

O Sr. Bouzas, veciño do noso barrio - a quén coñecemos dende fai anos - cóntanos o incidente que tivo o domingo pasado cando ía garda-lo seu coche na garaxe da Praza Roxa. (Ver Correo Gallego de martes 9-9-03).

Coincide todo practicamente co que se conta na nota.

 

Pero amén das molestias ocasionadas - (tivo que agardar hora e media a que viñese o conductor infractor, para poder entrar na sua garaxe: Non foi capaz de que unha grúa municipal retirase o coche que obstaculizaba  a entrada) - o que nos recalca  o Sr. Bouzas - e que mais xente xa nos ten comentado - , é o alarmante incremento de funcionarios municipales que NON SABEN TRATAR OS VECIÑOS...

 

Un funcionario municipal ten que ser: amable, atento, educado, cortés, agradable... no seu trato co cidadán.

 

Somos nós, a xente de a pé, os que pagamos, mantemos e sostemos todo o entramado burocrático que - por definición elemental da democracia - está ó servicio dos veciños....

 

Si por parte do Concello non se corrixen inmediatamente  estas actitudes, só fomentaremos a crispación na convivencia cidadá coas institucions.

 

É polo que demandamos de V.I. a adopción das medidas necesarias para:

 

- Castigar estes feitos, inadmisibles nun funcionario

- Realiza-los cursiños adecuados para preparar a toda  xente municipal,  na relación diaria ca cidadanía.

- Informar a Raigame e a opinión pública das medidas adoptadas para que casos así non se volvan a repetir (Máxime tendo en conta que dentro de pouco será Ano Santo e teremos milleiros de visitantes - ¿cómo os trataremos? -)

 

Agardamos a sua resposta en Santiago a 11 de Setembro de 2003

 

Xaquín Mato (Presidente)

 

Nº Rexistro: 37554