ORGANIGRAMA DO CONCELLO.

Carta do Concello de Relacións  Veciñais, solicitando ó concello que lle informe do Organigrama do novo goberno municipal.

 

 

 

De:  Concello de Relacións Veciñais

 

Para:                             

ILMO. SR. XOSÉ SÁNCHEZ BUGALLO

ALCALDE DE SANTIAGO

 

ILMO. SR.:

 

Queremos transmitirlle  o desencanto e a preocupación das Asociacións de Veciños que representamos, pois ó día de hoxe, aínda non nos chegou ningunha información oficial sobre o novo governo municipal feito a partir das eleccións do 25 de Maio.

 

SOLICITAMOS, por tanto, que dé as instruccions oportunas para que por escrito se faga chegar a CADA ASOCIACIÓN VECIÑAL, o novo ORGANIGRAMA do Concello de Santiago, con detalle dos Concelleiros responsables de cada Área.

 

Dado que o vindeiro 19/9 hai Consello de RR.VV., agradecemos que alí se nos entregue persoalmente a información  solicitada, que como representantes veciñais nos corresponde.

 

En Santiago a 11 de Setembro de 2003

 

 

Agustín Pena
Carmen Botana
María Xosé Fernández
Xermán Hermida
 
Nº de Rexistro: 37555