|
PETICIÓN Ó CONCELLO A SUSPENSIÓN DAS OBRAS DO PARKING DE XOAN CARLOS
I. |
|
Reproducción do escrito presentado no Rexistro pedindo a
SUSPENSIÓN das obras de xoan Carlos I.
--------------------------------------------------------- ILMO.SR.
XOSÉ SANCHEZ BUGALLO
ALCALDE
DE SANTIAGO
ILMO.SR.:
Queremos trasladarlle a inquietude que existe entre os veciños,
residentes, comerciantes e mesmo visitantes -que algún hai tamén-, polo anuncio
das obras para face-lo parking de Xoan Carlos I.
As noticias sobre os traballos na Praza Roxa:
complexidade, duración, zoas afectadas que V.I. nos transmiteu e que tamén os
medios de comunicación detallaron , falan de que non estarán rematados ata
setembro do 2004, mais aló do “ecuador” do Ano Santo Xubilar; coas molestias
e perdas económicas que iso supón para os nosos veciños.
Poñerse a facer outro aparcamento, como o de Xoan
Carlos I, cando tamén estarán mais obras en marcha, no casco histórico, o
cinturón de auga ...suporía un caos total e unha cidade “patas arriba” en
pleno Xacobeo, con milleiros de
visitantes perdidos, sin disfrutar da nosa cidade e levando unha imaxe
caótica da nosa organización urbana....
Despois do 2004, non volverá o Ano Xubilar ata
dentro de 11 anos, no 2015.
Por todo o exposto, e facéndonos eco do sentir
dos nosos veciños que piden que non se realizen o mesmo tempo duas obras tan
complexas e que tanto repercutirán na vida cidadá de Santiago
S O L I C I T A M O S
que
suspenda provisoriamente, o inicio das obras do parking Xoan Carlos I, ata que pase o Ano Santo do 2004.
Coidamos que o Concello debe ter os mecanismos
axeitados para adoptar unha medida destas características, indemnizando, si
procede, a empresa adxudicataria (non coñecemos as condicions da contrata ).
Confiamos ver atendida esta demanda beneficiosa
para a nosa cidade.
Santiago,
9 de xuño 2003
Asdo.
Xaquín Mato Castro (Presidente)
Número de Rexistro: 25.233 ------------------------------------------ |